Na volta da folla

As lexións da fin do mundo


Listen Later

Entre 2023 e 2024 un equipo das universidades de Salamanca e Santiago de Compostela, xunto coa empresa Tempos Arqueólogos, desenvolvimos un proxecto de investigación ao redor dos campamentos romanos máis occidentais localizados no continente europeo: os da provincia da Coruña. Entre as iniciativas de difusión coas que acompañamos os proxectos arqueolóxicos atópase este podcast dun único episodio: 'As lexións da fin do mundo', que recupero agora tamén nesta canle para explicar os nosos obxectivos e os achados que atopamos. Neste episodio falamos os arqueólogos José Manuel Costa e Francisco Alonso Toucido, eu mesmo (Manuel Gago), baixo a produción de Jorge Lamas.


O proxecto 'Roma no Finis Terrae' foi subvencionado pola Deputación da Coruña.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Na volta da follaBy Manuel Gago