En Galicia hai 27.000 persoas diagnosticadas de artrite reumatoide e un 43% precisa a axuda doutra persoa para a realización de actividades cotiás. Esta é unha realidade non sempre visible. Por iso, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e deseñar tratamentos individualizados ás necesidades de cada doente, un equipo do CITIC e do Hospital da Coruña está a deseñar un modelo de intelixencia artificial capaz de predicir se un paciente vai volver sufrir un gromo. Neste episodio de O Descodificador abordaremos en que estado está o proxecto da man das investigadoras do CITIC Amalia Jácome e Blanca Monroy.