ATLÁNTICO

ATLÁNTICO

By ATLÁNTICOMusic
Download on the App Store

ATLÁNTICO episodes

  • Os orixás
    Esta semana falamos dos orixás, as divinidades das relixións afrobrasileiras, moi presentes en letras da música popular brasileira. Facémolo através de músicas:
    1. Afoxé de Oxalá. Roberta Nistra
    2. Iansã. Maria Bethania
    3. Mamãe Oxum. Zeca Baleiro e Chico Cesar
    4. Canto de Osanha. Vinicius de Moraes e Baden Powel
    5. Dois de fevereiro. Dorival Caymmi
    19 min
  • Saravá Beth Carvallho
    Homenaxe a Beth Carvalho, tamén conhecida como a Madrinha do samba ou a Rainha do Samba, que morría o pasado 30 de abril. Pasará a historia como unha das figuras máis importantes da música de raiz brasileira e tamén pola seu compromiso cos movimentos sociais, culturais e políticos.
    1. O show tem que continuar
    2. Andança
    3. Camarão que dorme a onda leva
    4. Desde que o samba é samba
    19 min
  • Milton Nascimento. A festa
    Falamos de «A festa», EP de finais de 2018 onde Milton Nascimento fai unha releitura acústica de algún dos seus clásicos.
    Escoitaremos tamén o adianto do novo disco de Lô Borges e unha versión do clásico «What a wonderful world» de Gilberto Gil.
    1. O cio da terra. Milton Nascimento
    2. Maria, Maria. Milton Nascimento
    3. Em outras canções. Milton Nascimento
    4. What a wonderful world. Gilberto Gil
    17 min
  • Belchior. Alucinação
    Falamos de Alucinação (1976) un dos mellores discos da maior estrela musical do estado do Ceará, Belchior. Un álbum no que os relatos sobre a violencia exercida polo estado e a perda dos soños de liberdade nacidos na década anterior, parecen sacados do Brasil actual.
    1. Apenas um rapaz latino americano. Belchior
    2. Velha roupa colorida. Belchior
    3. Sujeito de dorte. Belchior
    4. Terral. Ednardo, Belchior e Amelinha
    21 min
  • Jards Macalé. Besta Fera
    Jards Macalé reaparece de novo, despois de vinte anos sen gravar material inédito, con un album chamado «Besta fera». Un disco onde o autor desesperanzado reflexiona sobre os tempos de escurantismo nos que vivimos. Remataremos o programa co xoven Tim Bernardes.
    1. Vampiro de Copacabana. Jards Macalé
    2. Limite. Jards Macalé
    3. Buraco da consolção. Jards Macalé
    4. Não. Tim Bernardes
    19 min
  • Adriana Calcanhoto. Triloxía
    A mediados de 2019 Adriana Calcanhoto lanzará un novo album que forma parte de unha triloxía iniciada en 1998 con Marítimo e que continuou en 2008 con Maré. A espera do novo disco, lembramos as dúas primeiras pezas desa triloxía.
    1. Vambora. Marítimo
    2. Mais feliz. Marítimo
    3. Maré. Maré
    4. Pra lá. Maré
    17 min
  • Raul Seixas. Krig-ha, bandolo!
    Dedicamos o programa ao primeiro disco en solitario de Raul Seixas, Krig-ha, bandolo! (1973), que apareceu como unha crítica á moral e as boas costumes imperantes na época.
    Visitaremos tamén o último, e recen publicado, disco de BaianaSystem.
    1. Mosca na sopa. Raul Seixas
    2. Metamorfose ambulante. Raul Seixas
    3. Ouro de tolo. Raul Seixas
    4. Água. BaianaSystem
    18 min
  • Outros ritmos oceánicos. Afrocubism
    Afrocubism é un encontro musical entre Cuba e Malí que estaba prevista para acontecer en 1996, no que foi aquel inesquecible e inmortal disco de La Buene Vista Social Club. Non puido ser e a idea retomouse 14 anos despois.
    1. Cuba Mali
    2. El vaiven de mi carreta
    3. La culebra
    4. Jarabi
    20 min
  • Tom Zé. Correio da estaçao do Brás
    En 1979 Tom Zé deixou plasmada a dureza das inmigracións forzosas por motivos socieconómicos no seu disco «Correio da estação do Brás», onde nos conta historias de nordestinos que chegaban a São Paulo procurando un vida mellor. Escoitaremos tamén máis historias de inmigración através da voz de Nara Leão.
    1. Minina Jesus. Tom Zé
    2. Morena. Tom Zé
    3. Carta. Tom Zé
    4. Pecado, rifa e revista. Tom Zé
    5. Borandá. Nara Leão
    18 min

About ATLÁNTICO

From the publisher's feed

Espazo para as músicas de Brasil e outros ritmos oceánicos en Radio Estrada (Galiza). Os xoves ás 11.30 h