ATLÁNTICO

ATLÁNTICO

By ATLÁNTICOMusic
Download on the App Store

ATLÁNTICO episodes

  • Novos Baianos. Acabou Chorare
    Viaxamos ata 1972, para escoitar a Novos Baianos. E nos centramos no segundo disco «Acabou chorare»… un disco que foi elixido en 2007, pola revista rolling stone, como o mellor e máis importante álbum da música popular brasileira.
    27 min
  • Novas caras da MPB
    Facemos un pequeno percurso por algunhas caras novas da musica popular brasileira. Voces cargadas de empoderamento e loita contra os preconceitos.
    Liniker, Mahmundi, Ava Rocha, Castelo Branco, Jaloo, Johnny Hooker.
    31 min
  • Cancións feministas para homes
    Escoitamos cancións escritas e cantadas por mulleres para ser escoitadas por homes. Onde se nos explican cousas tan básicas como «un non é un non» ou «só un si é un si»
    Não é não--Lila
    Laura--Marina Melo
    Dizputa--Carol Naine
    Respeita--Ana Cañas
    Maria da vila Matilde--Elza Soares
    21 min
  • Caetano Veloso e Gilberto Gil no exilio I
    Programa de dedicado aos discos de Caetano Veloso e Gilberto Gil no seu exilio en Londres, a comezos da dédaca dos anos 70. Escoitaremos:
    Caetano Veloso: London london, A little more blue, Maria Bethania.
    Gilberto Gil: Aquele abraço, Nega.
    31 min
  • Soul brasileiro
    Un pequeno percurso por algunhas das principais voces do soul brasileiro, unha música marcada polo sentimento libertario e de loita do movimento negro que comezou na década dos 60 en Estados Unidos e que non demorou en chegar a Brasil.
    Soarán
    Tim Maia: Que beleza e O descubridor dos sete mares
    Gerson King Combo: Mandamentos Black
    Hyldon: Na rúa na chuva na fazenda
    Lady Zu: A noite vai chegar
    23 min
  • Moreno, Domenico, Kassin + 2
    Moreno Veloso, Domenico Lancelotti e Alexandre Kassin son os músicos detrás do proxecto «+2» que entre o ano 2000 e 2009 editaron 4 discos, turnándose entre eles na lideranza de cada álbum.
    Escoitaremos Arrivederci, Deusa do amor, Possibilidade, Te convidei pro samba, Ponto final, Futurismo, Você reclama.
    29 min
  • Jorge Ben. Samba esquema novo
    O primeiro disco de Jorge Ben, «Samba esquema novo», incomprendido no seu momento, foi toda unha revolución estética que unía de novo África con Brasil. Escoitaremos as canción: Mas que nada, Chove chuva e Por causa de você menina.
    Soará tamén Manguetown de Chico Science e Nação Zumbi e Pra não parar de sambar de Aleh Ferreira.
    21 min
  • Adriana Calcanhoto e Marisa Monte. 1994
    En 1994 Adriana Calcanhoto editaba un dos mellores discos da súa carreira «A fábrica do poema», ese mesmo ano Marisa Monte presentaba, o que é seu mellor disco ata agora, «Verde, Anil, Amarelo, Cor-de-Rosa e Carvão»
    Adriana Calcanhoto: Cariocas, Por que você faz cinema? e Inverno
    Marisa Monte: Maria de verdade, Na estrada e Balança pema
    25 min

About ATLÁNTICO

From the publisher's feed

Espazo para as músicas de Brasil e outros ritmos oceánicos en Radio Estrada (Galiza). Os xoves ás 11.30 h