A reforma da Política pesqueira común está a enfrontar ao sector conserveiro galego. Unha emenda de europetuada Carmen Fraga ao informe Stevenson consegue eliminar da etiqueta das latas a orixe de procedencia do molusco, peixe ou marisco do seu interior. Para algúns esta é unha necesidade no sector, para outros, a perda da diferenciación do produto local e de calidade e unha fraude para o consumidor.