Sign up to save your podcasts
Or
En novembro “Aquí faltan páxinas” sobe aos escenarios nos que trunfou a Bela Otero, unha das personaxes máis emblemáticas do París galante da belle époque e cunha vida fascinante chea de luces e sombras. Tras unha brutal violación, con só 12 anos viuse obrigada a abandonar Valga. Fuxindo do estigma, Carolina Otero soubo reinventarse como bailarina, cantante e actriz, e construír unha historia perfectamente calculada para catapultala á fama, á fortuna e ao corazón de ricos e poderosos admiradores. Chegou a ser unha das mulleres máis influentes do mundo e perdeuno todo nos casinos. Morreu na Costa Azul, apartada do foco público, e con ela din que morreu tamén a propia belle époque.
A sesión terá lugar o mércores 16 de novembro, ás 19:00 horas, en Valga, e a nosa convidada nesta ocasión será a historiadora Encarna Otero, autora de estudos académicos, ensaios e novelas, ademais de colaboradora de varios medios de comunicación nos que publicou artigos sobre a muller na historia. Son tamén da súa autoría as entradas da Bela Otero na Galipedia e no “Álbum de mulleres” do Consello da Cultura Galega.