Sign up to save your podcasts
Or
A colección, Aquí Faltan Páxinas, estrea o seu primeiro pódcast coa historia de María Soliña, unha muller xulgada pola Inquisición no século XVII na vila de Cangas e que se converteu, grazas á literatura e á música, nunha personaxe do imaxinario popular. Pero a nós o que nos interesa é saber o que hai detrás desa lenda: por que xulgaron a María Soliña?, por ser bruxa ou por algo máis? Para afondar sobre o contexto histórico e social no que viviu e descubrir os intereses que motivaron o seu xuízo contaremos coa investigadora e profesora de Historia Medieval, Guillermina Domínguez. A sesión terá lugar o martes 24 de xaneiro, ás 19 horas, no salón de plenos da casa do concello de Cangas.