Sign up to save your podcasts
Or

A confección de alfombras de flores é unha manifestación cultural secular que en Galicia permanece viva grazas ao papel esencial das mulleres, transmisoras dos códigos simbólicos desta tradición, depositarias da sabedoría popular herdada xeración tras xeración e, como en moitas outras ocasións, organizadoras e facedoras dun traballo comunitario e interxeracional que se segue repetindo cada primavera en moitas vilas da provincia de Pontevedra, e que, felizmente, semella ter garantida a súa continuidade. Familias e veciñanza participan nun proceso que require de numerosas xornadas de preparativos e vésperas interminables de traballo para lle dar forma a obras de arte tan fermosas coma efémeras. Con frecuencia, os deseños permanecen en segredo ata o día da celebración, o que crea sorpresa e emoción.
Estas creacións, que hoxe acompañan festexos de carácter relixioso e tamén populares, están orixinalmente vinculadas a ritos ancestrais de fertilidade da terra, ás colleitas e á harmonía co medio natural. Aínda que orixinariamente se facían só con elementos vexetais, hoxe algunhas vilas engaden materiais que lles son propios, coma as cunchas en Bueu, as serraduras de madeira na Estrada e, de forma xeral, o sal tinguido en case todas as vilas cando a flor escasea ou cando se busca emular a perfección dos tapices.
Máis aló do seu valor estético, representan un ritual de pertenza e renovación colectiva. Atopamos alfombras de flores en moitos outros puntos do Estado, en Europa e en países tan afastados coma o Xapón ou México, mais é en Galicia onde mellor se conserva a tradición e todo o significado simbólico que lle dá sentido: o tipo de flores e herbas que se usan, os lugares onde estas deben ser apañadas, o percorrido sagrado, as danzas que acompañan as celebracións... Todo forma parte dun legado que debe ser conservado, e niso traballa a Federación de Alfombristas de Galicia, na que se integran numerosos colectivos pontevedreses e que xa conseguiu que a Xunta o incluíse no censo galego de patrimonio inmaterial e que o Ministerio de Cultura o declarase manifestación representativa do patrimonio español.
Agora, tras confiarlle á antropóloga Ana Filgueiras a elaboración dunha rigorosa investigación, agárdase pola decisión da Unesco para que esta práctica sexa incluída na Lista representativa do patrimonio cultural inmaterial da humanidade.
By Deputación de PontevedraA confección de alfombras de flores é unha manifestación cultural secular que en Galicia permanece viva grazas ao papel esencial das mulleres, transmisoras dos códigos simbólicos desta tradición, depositarias da sabedoría popular herdada xeración tras xeración e, como en moitas outras ocasións, organizadoras e facedoras dun traballo comunitario e interxeracional que se segue repetindo cada primavera en moitas vilas da provincia de Pontevedra, e que, felizmente, semella ter garantida a súa continuidade. Familias e veciñanza participan nun proceso que require de numerosas xornadas de preparativos e vésperas interminables de traballo para lle dar forma a obras de arte tan fermosas coma efémeras. Con frecuencia, os deseños permanecen en segredo ata o día da celebración, o que crea sorpresa e emoción.