Sign up to save your podcasts
Or
A colección Aquí Faltan Páxinas presenta en maio a Concepción Arenal, que durante moito tempo foi apenas lembrada por vestirse de home para asistir a unha universidade que aínda non permitía a entrada de mulleres. Pero detrás desa anécdota atopamos unha intelectual brillante e comprometida: escritora, pensadora, socióloga, xurista e activista… Unha muller de múltiples facetas, difícil de etiquetar, un referente esencial do pensamento reformista do século xix e unha das mentes máis lúcidas e comprometidas da historia de España que loitou incansablemente para mellorar as condicións das persoas que a sociedade deixa nas marxes. Nesta sesión acompañaranos a escritora, profesora e crítica literaria Anna Caballé Masforroll, que en 2019 recibiu o Premio Nacional de Historia de España 2019 pola súa obra Concepción Arenal. La caminante y su sombra, e en 2020 comisariou, xunto coa catedrática Cristina Peñamarín, a exposición da Biblioteca Nacional de España “Concepción Arenal. La pasión humanista 1820-1893”. O faladoiro terá lugar o xoves 11 de maio ás 11:00 horas no Centro Penitenciario A Lama, onde compartiremos coas reclusas a traxectoria de Arenal e, de forma especial, o seu traballo como defensora dos dereitos das e dos presos.