Sign up to save your podcasts
Or
A colección Aquí Faltan Páxinas presenta en febreiro a pioneira da aviación galega, Elisa Patiño, que en 1913 logrou, na praia de Baltar (Sanxenxo), algo que probablemente moitas outras soñaran, pero ningunha fixera: voar. Se temos en conta que o primeiro voo dos irmáns Wright tivo lugar en 1903, é dicir, só dez anos antes, a figura de Elisa Patiño emerxe coma a dunha pioneira ignorada nas crónicas da aviación española, que ben merece ocupar un lugar á beira de mulleres icónicas coma a francesa Raymonde de Laroche, que en 1910 se converteu na primeira muller en conseguir a licenza de pilotaxe, ou a americana Harriet Quimby, que cruzou a canle da Mancha en 1911 nun voo con motor. A investigadora Milagros Bará contará os detalles da traxectoria de Patiño e compartirá fotografías inéditas cedidas pola familia, que tamén estará presente no faladoiro. A sesión terá lugar o luns 27 de febreiro ás 19 horas no salón de plenos do concello de Sanxenxo.