Aquí faltan páxinas

Avance: Ernestina Otero. Mestra comprometida e inspiradora


Listen Later

No mes de agosto a colección Aquí Faltan Páxinas presenta a Ernestina Otero Sestelo, unha mestra que traballou incansablemente por mellorar a calidade do ensino e, sobre todo, por estendelo a unha maior porcentaxe da poboación. Firme defensora dun modelo educativo renovador e dos dereitos da muller, puxo en marcha iniciativas coma os roupeiros e os comedores escolares para conseguir que as familias tamén enviasen as nenas á escola. A súa vida divídese entre os moitos logros profesionais acadados durante a Segunda República e as persecucións e represalias contra ela e a súa familia durante o franquismo por causa das súas ideas. A sesión terá lugar o xoves 10 de agosto, ás 20 h, na alameda de Castelao en Redondela, onde teremos a oportunidade de conversar co seu neto e biógrafo, Manuel Puga, e con Montse Fajardo, técnica especialista en Memoria Histórica na Deputación de Pontevedra e integrante do equipo redactor do programa “A memoria das mulleres” do Concello de Pontevedra, onde está recollida a figura de Ernestina Otero.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Aquí faltan páxinasBy Deputación de Pontevedra