
Sign up to save your podcasts
Or


Juana de la Cruz Domínguez, coñecida no Porriño como Juaniña, amosou desde moi nova un talento natural para a costura e unha gran paixón polo mundo da moda, en especial polos deseños de alta costura das grandes firmas. Comezou con este labor cando tiña só 9 anos e aos 13 inaugurou o seu primeiro taller na casa familiar. Alí formou decenas de mozas que seguiron o seu ronsel como modistas e confeccionou deseños únicos para clientas de toda Galicia, incluídas réplicas de modelos icónicos coma os vestidos de noiva da raíña Fabiola ou Lady Di. Viviu a apertura política da Segunda República, o terror da Guerra Civil e as penurias da posguerra, pero nunca deixou de confeccionar marabillosas creacións, para as que atopaba inspiración nas revistas da época e nos grandes modistos coma Balenciaga, Chanel ou Christian Dior. Ao longo de décadas, o seu taller foi un referente de creatividade, de onde saían pezas para días especiais que eran pura artesanía. Coñecida pola súa xenerosidade, cosía tamén para familias humildes sen cobrarlles, e vestiu desde noivas ata defuntos. Superou un cancro linfático sen deixar de coser e chegou mesmo a rematar un vestido de noiva desde o hospital. Xa centenaria, hoxe é unha muller querida e popular á que lle gusta participar nos eventos da vila. Juaniña é memoria viva do Porriño; a súa enerxía, o sentido do humor co que afronta a vida e a vontade de manterse activa e independente mentres poida fan dela un símbolo de vitalidade e un exemplo para todas nós.
By Deputación de PontevedraJuana de la Cruz Domínguez, coñecida no Porriño como Juaniña, amosou desde moi nova un talento natural para a costura e unha gran paixón polo mundo da moda, en especial polos deseños de alta costura das grandes firmas. Comezou con este labor cando tiña só 9 anos e aos 13 inaugurou o seu primeiro taller na casa familiar. Alí formou decenas de mozas que seguiron o seu ronsel como modistas e confeccionou deseños únicos para clientas de toda Galicia, incluídas réplicas de modelos icónicos coma os vestidos de noiva da raíña Fabiola ou Lady Di. Viviu a apertura política da Segunda República, o terror da Guerra Civil e as penurias da posguerra, pero nunca deixou de confeccionar marabillosas creacións, para as que atopaba inspiración nas revistas da época e nos grandes modistos coma Balenciaga, Chanel ou Christian Dior. Ao longo de décadas, o seu taller foi un referente de creatividade, de onde saían pezas para días especiais que eran pura artesanía. Coñecida pola súa xenerosidade, cosía tamén para familias humildes sen cobrarlles, e vestiu desde noivas ata defuntos. Superou un cancro linfático sen deixar de coser e chegou mesmo a rematar un vestido de noiva desde o hospital. Xa centenaria, hoxe é unha muller querida e popular á que lle gusta participar nos eventos da vila. Juaniña é memoria viva do Porriño; a súa enerxía, o sentido do humor co que afronta a vida e a vontade de manterse activa e independente mentres poida fan dela un símbolo de vitalidade e un exemplo para todas nós.