Aquí faltan páxinas

Avance: María Vinyals. Unha aristócrata sufraxista e progresista


Listen Later

No mes de xullo a colección Aquí Faltan Páxinas presenta a María Vinyals, unha das pioneiras do feminismo en Galicia xunto a Emilia Pardo Bazán, coa que conversaba no castelo de Soutomaior, onde naceu e viviu esta aristócrata galega coñecida como “a marquesa roja” por ser unha firme defensora do ideario socialista. Escritora, articulista, artista, relatora e sufraxista, foi unha das primeiras mulleres en formar parte da Real Academia Galega. En 2016, en recoñecemento ao seu legado, a Deputación de Pontevedra creou a Escola de Igualdade María Vinyals no castelo de Soutomaior e será precisamente alí onde realizaremos este faladoiro, que estará guiado pola escritora Isabel Blanco, autora do ensaio María Vinyals. Un talento rebelde (2018). A sesión terá lugar o mércores 26 de xullo ás 19 horas.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Aquí faltan páxinasBy Deputación de Pontevedra