Aquí faltan páxinas

Avance: Olimpia Valencia, comprometida coa medicina e co seu país


Listen Later

A colección Aquí Faltan Páxinas presenta en marzo a Olimpia Valencia, a primeira galega en licenciarse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, en 1925. A ela gustaríalle ser pneumóloga, pero estaba mal visto que unha muller tratase homes, así que tivo que especializarse en xinecoloxía. Cando estalou a guerra civil pasou catro días presa, acusada de pertencer ao Partido Galeguista e asinar en favor do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia. Librouse do cárcere, pero non do estigma. A pesar do rexeitamento social, non deixou de ter relación co grupo galeguista. Foi sempre unha muller audaz e intelixente que soubo facerse respectar nun mundo de homes. A xornalista Ana Fuentes, autora do libro Olimpia Valencia. Oito décadas de historia desde os ollos dunha pioneira, compartirá con nós unha sesión na que abordaremos distintos aspectos da traxectoria vital e profesional desta pioneira. A sesión terá lugar o mércores 22 de marzo ás 19 horas na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Aquí faltan páxinasBy Deputación de Pontevedra