No Episodio 27 da 5G do COMO QUE NON?! recibimos a Xosé Manuel Montes "Hermanager", humorista gráfico, representante e avogado! Participará connosco nunha sección na que o equipo e o propio Xosé Manuel terán que enfrontarse a casos xudiciais na sección VIRIDICTO! Ademais, Carlos Tresandí vai contactar vía telefónica cun Neanderthal que se acaba de descubrir que deixou unha cova en Francia tan só uns meses antes de que chegasen os Homo Sapiens. Alejandro Martínez "Pini" regresa cunha nova Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez, Pepe Capelán, Fernando RqR e Dani Lorenzo aseguraranse de que non falte o bo rollo coas súas intervencións e a música en directo corre a cargo de Cedecé e Rober Carcos que nos interpretan o tema "Todo pasa por algo".