A Fiscalía galega abre dilixencias de investigación polos cambios efectuados nas seccións do TSXG. Tamén nos tribunais, o Supremo estimou os recursos presentados pola Xunta, Greenalia e a Asociación Eólica de Galicia contra a sentenza do TSXG que anulara a autorización do parque eólico Bustelo. ADEGA-Lugo solicita a revisión da Declaración de Impacto Ambiental da liña eléctrica Ludrio–San Cibrao polos seus graves impactos ambientais. Noutra orde de cousas, a Xunta deu luz verde ambiental á instalación dunha nova terminal de almacenamento de betume no porto de Vilagarcía de Arousa, unha decisión que levantou críticas polos seus impactos na ría. Todo isto e máis, en Radio Cerna!