Medra a polémica arredor da opacidade da Xunta no proceso que abriu as portas de Galiza á empresa portuguesa Altri. Tamén hai novidades respecto do outro gran proxecto que centra, canda Altri, a protesta social en Galiza: a mina de Touro-O Pino. Ecoloxistas en Acción vén de presentar no xulgado un informe que acredita a situación de quebra da promotora, Cobre San Rafael. Ademais, ADEGA pon a disposición da cidadanía modelos de resposta para os requirimentos que está mandando a Xunta a numerosas persoas alegantes do proxecto. Igualmente, ADEGA mostra o seu rexeitamento frontal á proposta do Concello de Poio para o espazo natural da Illa de Tambo, que pretende urbanizala e podería convertela nun parque temático. Todo isto e máis, en Radio Cerna!