A lei "ómnibus ambiental" da CE consolida a política de territorios de sacrificio e atenta contra os dereitos humanos. Semana tamén de importantes mobilizacións: miles de persoas mobilizáronse o pasado domingo en Santiago de Compostela nunha multitudinaria manifestación contra a instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei; e o martes, a Coordinadora Eólica Así Non concentrouse ante o Parlamento contra os cambios lexislativos que afondan no espolio eólico. Nesta mesma materia, ADEGA vén de lanzar unha nova campaña de doazóns, baixo o lema #TiPodesParalos, para frear o parque eólico As Louseiras na Terra Chá.