Devenir

Brais González Arribas: entonar una ontoecología relacional


Listen Later

Aula Castelao Filosofía
Brais González Arribas é doutor en Filosofía (UNED) e profesor da área de Filosofía da Universidade de Vigo, onde co-dirixe o Grupo de Investigación “Ontoloxías da diferenza. Fundamentos teóricos e repercusións prácticas”. É tamén profesor-titor na UNED da Coruña, investigador da Cátedra Internacional de Hermenéutica Crítica (HERCRITIA) e investigador dos proxectos “Interseccións post-humanas nas literaturas irlandesa e galega” e “Boas prácticas para unha cidadanía dixital crítica en Educación Infantil”.
Entre as súas publicacións destacan os libros:
-Postmodernidad: J.F. Lyotard y Gianni Vattimo (xunto a Teresa Oñate, Batiscafo, 2015)
-Reduciendo la violencia: la hermenéutica nihilista de Gianni Vattimo (Dykinson, 2016)
-Sobre a eutanásia (Através, 2018)
-Venir a menos. Crítica da razón nihilista (Axoúxere (galego) e Catarata (castelán) 2019)
-Transhumanismo: tecnociencias e antropotecnias (Euseino?, 2021)
-Pensamento, sociedade e cultura. A importancia da filosofía na educación (xunto a Abraham Rubín, 2024).
Así mesmo, ten publicados máis de 30 artigos en revistas especializadas e participou en varios libros de autoría colectiva, coordinando as obras:
Por una postmodernidad alternativa: desplazando al neoliberalismo (UNED, 2019)
-La fuerza del pensamento débil (Dykinson, 2024)
Nesta conferencia preséntanse os principais elementos teóricos que constitúen a ontoloxía da entoación, unha concepción da realidade relacional e nihilista que rompe coas categorías fixas da modernidade hexemónica. A partir deste marco, explóranse as súas principais consecuencias prácticas, especialmente aquelas que fan posíbel conformar unha filosofía práctica ecoloxista. Esta proposta reformula a nosa relación co mundo non humano desde a apertura á alteridade, a interdependencia, a cocreación e a axencia distribuída. Dende estas coordenadas, tamén se propón unha posición ética baseada no equilibrio, no coidado, na non violencia e na colaboración entre entidades, principios cos que se pretende facer fronte á crise ecolóxica actual.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

DevenirBy Devenir