O Galiportus fixo as maletas e foise desta vez gravar ao mesmísimo Parlamento Europeo. Logo do convite do equipo da eurodeputada galega Ana Miranda, fomos até Estrasburgo falar de (non-)fronteiras e de desburocratización. Isto xusto no día en que na UE se aprobou a normativa denominada "Bridgefor EU", que tenta eliminar as barreiras administrativas e legais que afectan aos territorios transfronteirizos. Algo que soa moi ben, e que vai vir acompañado de puntos de información e de mediadores. No tocante ao Minho, como se ve este asunto? Entrevistamos a Ana Miranda (BNG- Verdes- ALE) e o Francisco Assis (PS), natural de Amarante e bo coñecedor da Raia. Por último, falamos tamén coa Catarina Vieira (Verdes-ALE), azoriana expatriada nos Países Baixos (e eurodeputada por este Estado) Comentamos o seu caso, e tamén preguntamos sobre que significa a mobilidade europea hoxe e como o ve a mocidade? Cara onde imos?
En fin, un programa de moita altura, feito cos medios técnicos dos propios estudios do P.E., unha marabilla acompañada do tema final: "Pobo de Artistas" (Dakidarria, Rabelo e Tanxugueiras) ... que nos lembra a importancia de
continuar traballando por unha relación máis fluída entre os pobos de Europa!!