Na nosa 1º parte da REJEISTORIA faremos un repaso pola lírica trobadoresca e máis concretamente polas tenzóns; unha das orixes da nosa regueifa.
Na 2ª parte de Actualidade falaremos do Curso de Regueifa do CIOV en Vigo e que comeza o 19 de outubro. Tamén falaremos con Sechu Sende sobre o proxecto Regueifesta e con Alba María, coa que estrearemos unha nova sección titulada DESAFÍO AO FÍO e que se tratará dunha entrevista regueifada. Remataremos esta 2ª parte coa nosa nova sección de REGUEIFASAPP, parte en que reproduciremos as mellores coplas do noso grupo de whatsapp coa participación d*s nos*s colaborador*s Óscar García de Carballo, Guadalupe Blanco Vazquez de Coristanco (e bisneta do gran Blaco de Muiñoseco), e un amigo da Ribeira Sacra chamado Pepe do Faba.
Xa na 3ª e derradeira parte de Reproducións Históricas, hoxe poremos un PARRAFEO compilado na comarca da Fonsagrada no ano 1979 e tirado da web do APOI (Arquivo do Patrimonio Oral e Inmaterial de Galiza).