A ferida aberta no 36

CAPÍTULO 11: A FERIDA ABERTA NO VAL MIÑOR E NO BAIXO MIÑO


Listen Later

Neste undécimo capítulo propoñémosvos viaxar ata o sur da provincia de Pontevedra, ata as comarcas do Val Miñor e do Baixo Miño, zonas que plantaron cara os sublevados e que foron das últimas en caer tralo golpe militar.
A represión foi cruenta nestas áreas. A cifra global de vítimas podería rondar as 650, debido ao elevado volume de detencións e ao movemento de presos que movían a prisión de Tui e os campos de concentración de Camposancos e Oia. Repasámolo acontecido coa axuda do historiador Carlos Méixome e de Helena Pousa, presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, o Condado e a Louriña.
Poñerémolo foco en dúas familias especialmente castigadas polo fascistas. A do médico de Tui, Dario Álvarez Limeses, fusilado en outubro do 36, e a de Darina Domínguez Andrés, da Guarda; filla de Concha Andrés e de Manuel Domínguez, "Taxota".
Con Concha Andrés conversamos neste capítulo e tamén con Pepe Cáccamo, neto de Darío Álvarez Limeses.
Co gallo do Ano Castelao, conversamos con Rubén de Lis sobre o seu proxecto, 'Celebrando a Castelao'.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36