A ferida aberta no 36

CAPÍTULO 14: AS ESTATUAS DO MESTRE MATEO REGRESAN A COMPOSTELA


Listen Later

Despois de oito anos de litixios, o Tribunal Supremo ordénalle aos Franco que devolvan, ao concello de Santiago, as esculturas do Pórtico da Gloria das que se apropiou o ditador no ano 1954.
Unha batalla legal histórica que a sociedade civil gaña despois dun proceso longo e moi doloroso que conclúe cinco anos despois da recuperación de Meirás.
No capitulo 14 de 'A ferida aberta no 36' analizamos a recuperación destas pezas espoliadas coa axuda da alcaldesa de Santiago, Goretti San Martín; o exrexedor, Martiño Noriega, que foi quen presentou a demanda no seu día; e os historiadores Emilio Grandío e Fracisco Prado Vilar que xogaron un papel clave no proceso.
Pero ademais, faremos repaso a outros bens espoliados polos Franco co investigador Mariano Sánchez Soler, autor de varios libros centrados no patrimonio da familia do ditador.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36