Coincidindo co 89 aniversario, analizamos o contexto no que se produciu o golpe militar de xullo do 36 e tamén as súas consecuencias. Unha sublevación que deixou máis de cinco mil mortos en Galicia, arredor de oito mil encarcerados, centos de exiliados e abriu feridas moi profundas no conxunto da sociedade galega. Analizámolo co historiador Xosé Manoel Núñez Seixas e co antropólogo forense Fernando Serrulla, que leva anos traballando na exhumación das fosas do franquismo. Pero ademais, deixámosvos dous testemuños: o de Dolores Miloro, que seguiu os pasos do seu pai, que percorreu varios campos de internamento en Francia trala derrota do frente republicano; e o do catedrático de Literatura Galega Xesús Alonso Montero que leva anos traballando na reconstrución da memoria e cuxo pai estivo preso na illa de San Simón.
Co gallo do Ano Castelao, achegámonos, con Tero Rodríguez, á versión de 'Cousas' dos Quinquilláns.