A ferida aberta no 36

CAPÍTULO 16: OS SEGREDOS DA CASA CORNIDE


Listen Later

Despois de décadas de espolio, ábrense os cancelos da casa Cornide da Coruña. Este imponente palacete do século XVIII do que se apropiou Carmen Polo nos anos 60 abriu as súas portas ao público o pasado 4 de agosto no medio dunha grande expectación, tras anos de enfrontamento entre o concello da Coruña e os herdeiros do ditador e despois de que estes foran sancionados pola Xunta ao incumprir o réxime de visitas establecido ó tratarse dun Ben de Interese Cultural.
Neste capítulo analizamos como chegou a parar este inmoble mans dos Franco e a loita aberta por historiadores, asociacions memorialistas e institucións para conseguir recuperala.
Falamos cos historiadores Emilio Grandío, Francisco Prado Vilar e Alfredo Vigo Trasancos; co profesor de Dereito Administrativo da UDC, Carlos Aymerich, autor do informe xurídico encargado polo concello da Coruña para recuperar a propiedade da casa; con Rubem Centeno, investigador da CRMH da Coruña, Néstor Rego, portavoz do BNG no Congreso e Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
Co gallo do Ano Castelao, achegámonos á exposición 'Impresións de Castelao en Vigo' con José Luís Mateo.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36