A ferida aberta no 36

CAPÍTULO 18: SAN SIMÓN, LUGAR DE MEMORIA


Listen Later

Arrinca o proceso para declarar as Illas de San Simón e San Antón como lugar de memoria. O Goberno recolleu a luva lanzada polas asociacións memorialistas e incoa o expediente que deberá dotar de especial protección a este enclave no que estiveron encerrados uns 6.000 presos entre os anos 1936 e 1943 en condicións durísimas e sometidos a todo tipo de malos tratos e humillacións. Polo menos medio millar non conseguiron sobrevivir.
Neste capítulo analizamos os retos que se abren ante a declaración deste espazo como lugar de memoria con Matías Rodríguez da Torre, de Iniciativa Galega pola Memoria; Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta e Digna Rivas, alcaldesa de Redondela.
Repasaremos as historias persoais dalgúns dos presos que estiveron recluídos en San Simón. Entre eles Eduardo Otero Molas, pai de Enriqueta Otero "Queta Molas", presidenta da ARMH de Marín, e galardoada co premio Galiza Martín 2025.
Ademais, reconstruiremos o ocorrido no interior de San Simón coa axuda do investigador e documentalista Antonio Caeiro e o cineasta Miguel Ángel Delgado, director do filme 'San Simón'.
Co gallo do Ano Castelao, achegámonos á Coruña con Manel Craneo, director de Viñetas desde o Atlántico, nesta edición dedicada a Castelao.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36