A ferida aberta no 36

CAPÍTULO 21: OS ÚLTIMOS ASASINADOS DO FRANQUISMO


Listen Later

Este capítulo discorre no 1975, o anoda morte do ditador. Apenas dous meses antes de morrer na súa cama, Franco condena a morte a cinco militantes antifascistas, dous de ETA e tres dos FRAP, entre os que se atopan dous galegos: Xosé Luis Sánchez-Bravo Solla e Xosé Humberto Baena. Os dous son fusilados en Madrid o 27 de setembro, seis semanas despois do asasinato a tiros do líder sindical e político Moncho Reboiras.
Repasarémos a traxectoria vital dos tres e tamén as súas últimas horas con vida e farémolo coa axuda dos seus familiares máis cercanos: Victoria e Flor, irmás de Sánchez-Bravo e Baena; e Manuel Reboiras irmán de Moncho Reboiras. A estas engadimos unha voz máis: a do intelectual, escritor e activista político Xosé Luis Méndez Ferrín, moi próximos aos asasinados e encarcerado nos últimos anos do franquismo.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36