A ferida aberta no 36

CAPÍTULO 22: NA LOITA


Listen Later

Malia o avance franquista, o espírito de loita mantívose durante a guerra e a ditadura. Un exemplo foi Ferrol , unha cidade que vén de ser declarada Lugar de Memoria. Neste capitulo poñemos o foco neste recoñecemento pero tamén nos opositores ao réxime e, en concreto, nos guerrilleiros. Concidindo coa homenaxe que lles brindou o Congreso recuperamos as historias do dirixente comunista José Gómez Gayoso, executado hai 77 anos, e a dos loitadores José Galán e Manuel Ramiro Souto, abatidos a tiros en Visantoña en xuño do 1952. Este verán os seus familiares recuperaron os seus corpos. Pero ademais repasaremos a traxectoria vital da pintora Maruxa Mallo, que acaba de ser recoñecida como vítima da Guerra Civil e a Ditadura.
Vaia por diante o noso agradecemento a:
- Manuel Fernández Pita, presidente da Asocación Memoria Democrática de Ferrol
- Carlos Portomeñe, biógrafo de José Gómez Gayoso.
- Carmen García-Rodeja, portavoz da ARMH da Coruña
- Teresa Ramiro e Alberto Gómez, familiares de Manuel Ramiro e José Galán.
- Patricia Molins, comisaria da exposición sobre Maruxa Mallo do Museo Reina Sofía de Madrid
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36