A ferida aberta no 36

CAPÍTULO 3: A FERIDA ABERTA EN CELANOVA


Listen Later

Durante a guerra civil, o mosteiro de Celanova chegou a albergar ata 1.300 presos. Mentres, arredor de medio cento mulleres foron encerradas no actual edificio dos xulgados. En ocasións, os internos e internas eran sacados de noite e aparecían paseados de mañanciña.
Contámolo no capítulo 3 de 'A ferida aberta no 36', onde rescatamos o drama da familia Gómez del Valle a través da neta de María de Beiro, paseada no 37; reflexionamos sobre a represión sufrida polas mulleres durante e despois da guerra; e recreamos os dous arrestos e posterior encarceramento do poeta Celso Emilio Ferreiro, a través do relato do seu fillo Xabier Ferreiro.
Ademais, co gallo do Ano Castelao, descubriremos os tesouros que garda o Consello da Cultura Galega.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36