A ferida aberta no 36

CAPITULO 4: SAN SIMÓN, A ILLA DA MEMORIA


Listen Later

Era coñecida como "a illa da morte"; aquela illa que no pasado servira de mosteiro, de fogar pra nenos orfos e de leprosería, converteuse no 1936 nunha prisión franquista e nun campo de concentraciona onde foron eran conducidos arredor de seis mil presos entre os anos 1936 e 1943. Aínda que algúns aínda o poñan en dúbida, polo menos 500 non conseguiron sobrevivir.
Neste capítulo recrearemos o acontecido na illa cos historiadores Pepe Álvarez e Juan González e afondaremos na historia de Luis Bouza Brey e do xornalista e alcalde de Bueu, Johan Carballeira. O primeiro conseguiu salvarse logo de cinco anos de encerro; Carballeira morreu fusilado en abril de 1937.
Durante a guerra e os 39 anos de ditadura posterior, as autoridades prohibiron en toda España a celebración dos festexos do entroido, que estaban castigados con penas de cárcere e multas de ata 250 pesetas. En Xinzo de Limia resistironse á prohibición e celebrárono de xeito clandestino, como explica o estudoso Justo Gude.
Ademais, co gallo do Ano Castelao, adentrarémonos con Ángeles Tilve, no museo de Pontevedra que custodia a colección máis completa que se conserva en galicia sobre o autor.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36