Neste sexto capítulo indagamos sobre os grupos de resistencia antifranquista constituídos trala guerra civil; en concreto sobre a Federación de Guerrillas León-Galicia que estivo operando durante os anos 40. Falamos de guerrilleiros, pero tamén das guerrilleiras; das mulleres que lles serviron de enlaces durante anos e que foron duramente castigadas por facelo; e ocuparémonos ademais dos fuxidos, que conseguiron burlar o férreo control das autoridades franquistas.
Neste capítulo participan:
- Francisco Martínez López 'Quico', o último guerrilleiro antifranquista.
- Aurora Marco, investigadora; autora de 'Mulleres na guerrilla antifranquista galega'
- Salomé da Torre, neta de Camen Rodríguez Nogueira, encarcerada e torturada por facer de enlace da guerrilla
- Antonio, neto de Teresa de Repil, encarcerada por dar acubillo na súa casa a un grupo de guerrilleiros
- Xurxo Ayán, arqueólogo da guerrilla
- Bieito Alonso, biógrafo de Antón Alonso Ríos, fuxido tralo 36.
- ANO CASTELAO: Falamos con Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, sobre a exposición permanente dedicada a Castelao e sobre as expos temporais e actividades organizadas polo museo este 2025.