A ferida aberta no 36

CAPÍTULO 9: BOSQUEXANDO A CASTELAO (I)


Listen Later

Neste noveno capítulo que estreamos na semana das Letras Galegas traémosvos un monográfico sobre un dos nosos autores máis xigantescos: Castelao. Debuxante, narrador, ensaísta, pintor, dramaturgo e todo un animal político, que comezou a trazar un século atrás a Galicia do século XXI.
Coa intención de debullar a obra artística e o pensamento político do rianxeiro, decidimos presentarvos un programa dobre. Nesta primeira entrega presentámovos unha cronobiografía do rianxeiro coa axuda de once voces autorizadas que nos axudan a definir as distintas caras de Castelao.
A investigadora Montse Fajardo traerános a primeira biografía publicada en torno á figura de Virxinia Pereira, compañeira de vida de Castelao; e rememoraremos co fotoxornalista Xan Carballa aquel 28 de xuño de 1984 en que os restos do rianxeiro regresaron a Galicia.
Ademais presentámosvos 'Antes de nós', a última longametraxe centrada en Castelao dirixida por Ángeles Huerta e escrita por Pepe Coira. Con ambos os dous conversaremos no noveno capítulo de 'A ferida aberta no 36'. Agardamos que vos guste!
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36