A terceira sesión de Ciencia en feminino conta coa participación da economista e catedrática da Universidade de Santiago María Loureiro. Foi Premio María Josefa Wonenburger en 2024 e a primeira muller do seu eido en entrar na Real Academia Galega das Ciencias en 2022. Un dos seus traballos de maior impacto foi a estimación das perdas económicas e ambientais do Prestige. Falamos con ela da situación da muller na ciencia, pero tamén dos cada vez máis frecuentes desastres ambientais neste ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M.