Ciencia en feminino

Ciencia en feminino

By GCienciaScience
Download on the App Store

Ciencia en feminino episodes

  • Como enfrontar os obstáculos na carreira investigadora
    Ciencia en Feminino é un ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M. Esta é a última sesión do programa de 2026: unha mesa redonda sobre os obstáculos aos que a muller científica se ten que enfrontar na carreira investigadora. Participan a enxeñeira Soledad Torres Guijarro, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada.
    1 hr 6 min
  • Ciencia en feminino, con Elena Vázquez Abal
    No terceiro episodio de Ciencia en Feminino, o ciclo de charlas de GCiencia e da Deputación de Pontevedra co gallo do 8M, falamos con Elena Vázquez Abal, matemática e Premio de Divulgación Científica 2024 da Real Academia Galega de Ciencias.
    38 min
  • Os estereotipos sobre a muller científica
    A quinta edición de Ciencia en feminino, o ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M, chega á súa fin. Celebramos a cuarta e última sesión da man das investigadoras Yasmina Martínez, Marta Castiñeira e Paula Gutiérrez. Con elas falamos do teito de cristal, da dificultade de conciliar a vida familiar e laboral e dos estereotipos que aínda persisten sobre a muller científica.
    1 hr 3 min
  • Ciencia en feminino, con María Loureiro
    A terceira sesión de Ciencia en feminino conta coa participación da economista e catedrática da Universidade de Santiago María Loureiro. Foi Premio María Josefa Wonenburger en 2024 e a primeira muller do seu eido en entrar na Real Academia Galega das Ciencias en 2022. Un dos seus traballos de maior impacto foi a estimación das perdas económicas e ambientais do Prestige. Falamos con ela da situación da muller na ciencia, pero tamén dos cada vez máis frecuentes desastres ambientais neste ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M.
    40 min
  • Como é ser científica no século XXI
    A segunda entrega do ciclo de charlas e mesas redondas Ciencia en feminino continúa a programación sobre o 8M da Deputación de Pontevedra cun debate no que participan tres científicas galegas. María Tubío, María José Ginzo e Cintia Folgueira expoñerán a súa vivencia sobre ser científicas neste século XXI. En que aspectos avanzamos? Cales quedan por traballar? Nesta ocasión, as investigadoras analizan a situación das mulleres no seu sector, os maiores retos aos que se afrontan durante a carreira ou a falta de igualdade no eido divulgativo.
    55 min
  • Ciencia en feminino, con Mar Capeáns
    Mar Capéans é física de partículas pola Universidade de Santiago e leva dende 1992 traballando na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), onde se especializou na construción de aceleradores de partículas. Dende 2021 forma parte da súa dirección, dado que lidera o Departamento de Enxañaría Civil e do Sitio. Capeáns recíbenos dende Suíza neste primeiro episodio de Ciencia en feminino 2025, o ciclo de charlas e mesas redondas organizado por GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M.
    39 min
  • Ciencia en feminino, con Begoña Vila
    Ciencia en feminino, o ciclo de charlas e mesas redondas de Gciencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, chega á súa fin. O cuarto e último episodio da tempada ten como protagonista a astrofísica viguesa Begoña Vila, actualmente na NASA. Dende Washington D.C., a científica galega fai repaso da súa traxectoria profesional nun eido tradicionalmente masculinizado. Tamén fala dos telescopios James Webb e Roman, nos que participa.
    54 min
  • Científicas no estranxeiro
    Continuamos coa terceira sesión de 'Ciencia en Feminino', onde as científicas galegas Raquel Lama, Cristina Lazcano e Carmen Figueras explican as súas experiencias investigando noutros países.
    1 hr

About Ciencia en feminino

From the publisher's feed

A igualdade tamén é unha cuestión científica. Por iso, co gallo do 8M, Día da Muller, GCiencia organiza o ciclo de entrevistas e mesas redondas "Ciencia en feminino" en colaboración coa Deputación de…