C'mmons baby!

C'mmons baby!

By ictioscopioMusic
Download on the App Store

C'mmons baby! episodes

  • C'mmons baby! #84 (non somos reis)


    Encetamos ciclo ourobórico en C'mmons baby! Abrimos unha serie de emisións que abriran co mesmo músico co que se pecha a emisión anterior.
    Entramentres, na España, hai novo rei, revalidado nun ciclo infinito coma un gif animado (duración: 25'15'').


    baixar mp3 / baixar ogg

    • Las Buenas Noches. Anti-nana (Hoy ya es mañana, LP 2014)
    • Candy Says. Not kings (Not Kings, LP 2014)
    • TV Girl. Daughter of a cop (French Exit, LP 2014)
    • Xo. Tics (Dicionario de silencios, LP 2014)
    • Ukulele Clan Band. More sugar (No sugar, LP 2014)
    • Juani. Lo nuestro (La paz ciencia, LP 2013)
    • Ligazóns relacionadas: Candy Says manifesto, Planeta X.
      0 min
    • C'mmons baby! #83 (unha voda e case un funeral)

      Tantos meses de ausencia e escollo para gravar este día que ando arrefriado para volver... non vos teño remedio. Encanamos coa emisión anterior e seguimos con guitarras, guitarras, guitarras para cargar as pillas (duración: 24'57'').


      baixar mp3 / baixar ogg

      • Kine Hjeldnes. Cracks (Elude, EP 2014)
      • Camarada Nimoy. Satélite Disidente (Camarada Nimoy, LP 2013)
      • Curtinaitis. Curtinaitis (a.k.a. En Curtis pola noite) (Curtinaitis, EP 2014)
      • The Dark Colours since 1685. Midnight train (MDCLXXXV, EP 2013)
      • Terbutalina. Ben peinados (A muerte, LP 2014)
      • Las Buenas Noches. El día de tu boda (Un Mal Día (lo tiene cualquiera), LP 2011)
      • Ligazóns relacionadas: Lixo Urbano, Desde Boxes, La morsa era yo, Ganapán, Metropolés Delirantes.
        0 min
      • C'mmons baby! #82 (proletarios e defuntos)
        Este é o especial 6º cabodano de C'mmons baby! que debería ter saído o 2 de novembro. Chegou tarde, mas chegou, chegou cheo de arrepiantes novas para o proletariado e fermosas historias de medo. Morte e amor loitando xuntos, Tánatos e Eros, cada un nunha aurícula dos teus ouvidos (duración 30'38").


        baixar mp3 / baixar ogg

        • Nasimiyu. Time is a train (Rules Aren't Real, LP)
        • Caxade. Dêmos graças (A dança dos moscas, LP)
        • Els Surfing Sirles. Oda (Fundación Robo, LP colectivo)
        • Garcín. Difuntos y flores (Café Plumbier, EP)
        • Heidi Harris e Kine Hjeldnes. The mistletoe (Dream Fodder, LP)
        • The Womb. Sex Club (Sex Tapes, LP)
        • Ligazóns relacionadas: Discos da Máquina, Fundación Robo, Intangible23.
          0 min
        • C'mmons baby! #81 (capitalismalo)
          Chegamos con cinco meses de atraso, mais regresamos dispostos a demoler este sistema fedorento, a coller forzas para recuperar o ritmo perdido e construír un novo espazo. (duración 21'13").


          baixar mp3 / baixar ogg

          • Das Kapital. Demoler (Grecia, LP)
          • William J. Le Petomane. You don't treat me right (Bad news baby, LP)
          • Digits. Love is only affection (Love is only affection, EP)
          • Lizard Kisses & Florist. Loosen (Loosen, single)
          • Grampoder. Capitalismo (mise en abyme) (Golf Whiskey, LP)
          • Ligazón relacionada: Discos da Máquina.
            0 min
          • C'mmons baby! #80 (liberado)
            Regresamos despois do secuestro. Se cadra precisaba tempo para recuperarme da experiencia, mais nunca houbo C'mmons baby! secuestrado que non regresase, e aquí andamos de volta; dando conta dalgunhas novidades que saíran mentres estivemos ausentes (duración 18'45").


            baixar mp3 / baixar ogg

            • New Kind of Mambo. Monkey swing (New Kind of Mambo, EP)
            • Uniform Motion. To watch over you (The Magic Empire, LP)
            • Pony Bravo. Mi DNI (De palmas y cacería, LP)
            • Wild Honey. Rogerio Duprat looks out the window (Big Flash, LP)
            • Terbutalina. Esquelética (Ritmo Serbio, LP)
            • Ligazóns relacionadas: El Rancho, Aaahh Records.
              0 min
            • C'mmons baby! #79 (secuestro no LAV13)
              Liberado xa, polos amabeis alumnos secuestradores, publico a crónica do que foi unha experiencia tan arrepiante como gostosa. Isto é o que deu de si o Obradoiro de radio e podcasting desta fin de semana en Vedra. Grazas a todos os alumnos (Belén, Concha, Susana, Cristina, Sonia, Cristina, Mónica, Sergio, Lorena, Miguel, Jesús, Cristina e Antón) por facerme pasalo tan ben, por terme axudado a aprender con eles (oxalá eles aprenderan tamén comigo); e grazas tamén á xente de Senunpeso por me chamar para isto. Nos vindeiros días subirei a emisión que tería sido de non ser secuestrado. (duración: 14'46")


              Baixar .mp3 / Baixar .ogg

              • O secuestro
              • Camarada Nimoy. Tacoma Bridge (Camarada Nimoy, EP)
              • O comunicado
              • Holgado. El fin del mundo (Hay mucho campo, EP)
              • A negociación
              • Interferencias
              • Making of
              • 0 min
              • C'mmons baby! #78
                Balbuce o ano 2013, mais imos despedir o 2012 con algúns vellos coñecidos (algúns sen lanzar nada novo desde hai ben tempo) que decidiron regresar con novas músicas a finais deste ano que marchou. Tamén anuncio o obradoiro sobre podcasting e radio en internet que vou dar no LAV 2013 de Vedra no mes de febreiro. (duración: 23'40")


                Baixar o mp3 / baixar o ogg

                • Kellee Maize. 2012 (Owl Time, 2012 LP)
                • Brad Sucks. Come back (Guess Who's a Mess, 2012 LP)
                • Nouvelle Cuisine. Pesos y medidas (Mientras tanto · Colección Otoño-Invierno, 2012 EP)
                • Ataque Escampe. Vista Alegre Social Club (vol. 2) (Noites de agosto con Ataque Escampe, 2012 EP)
                • Wintermitts. Springtime (Oceans, 2012 LP)

                • Ligazóns relacionadas: senunpeso.org, Discos da máquina.
                    0 min
                  • C'mmons baby! #77
                    Despois de máis de mes e medio de atraso chega o especial 5º cabodano. É pouco especial, a non ser porque é o duplo de longo na duración. Pedimos perdón pola demora e repasamos músicas dalgúns vellos "amigos" e traemos outras dalgúns novos. Tamén anunciamos que de aquí en diante C'mmons baby! vai ser reemitido desde Madrid via Nosuti Radio.
                    (duración: 34'19")



                    Baixar o mp3 / baixar o ogg

                    • Familia Caamagno. Perdoa (Familia Caamagno, 2012 EP)
                    • b fachada. Mimi (mini cd produzido por walter benjamin, 2008 EP)
                    • Projecto Mourente. Baixo os eucaliptos (Baixo os eucaliptos, 2006 LP)
                    • Angil. Jackson Jr. Redding (The And, 2010 LP )
                    • Monk Turner [feat. Jacke Karashae]. The Illuminated Self (White)
                    • (Kaleidoscope, 2012 LP)
                    • Ukulele Clan Band. Everybody's talking (About a Chamaka, 2011 EP)
                    • Nsista. Ibeji (Moyugbá, 2011 EP)

                    • Ligazóns relacionadas: entrevista a Monk Turner en Cb!; entrevista a Monk Turner en Intangible 23; 189Mhz; We Are Unique Records.
                      0 min
                    • C'mmons baby! #76
                      Falta menos dun mes para o noso quinto cabodano e aínda menos para as eleicións galegas. É o momento dos anónimos, é o momento de que fale a maioría calada. É case o único momento no que os políticos se lembran de nós e reparan en que existimos. Ide votar, ho! O noso voto é a nosa voz, a voz da xente da rúa, a voz da xente anónima. (duración: 17'37")


                      Baixar o mp3 / baixar o ogg

                      • Samuel L. París. Poeta (Inflamable, libro)
                      • Matilda. Los anónimos (Las acciones cotidianas, LP)
                      • Tigres Leones. Deberían arder (Bailar/Arder, single)
                      • Fantasmage. Cambia de ciudad (Galician Bizarre II, vv.aa., LP )
                      • Monk Turner [feat. The Branding Iron, Wise Wolf, 2izz, Freewill Luminous, DJ Phatrick and Ebony Faye] . The (Green) Line (Kaleidoscope, LP)

                      • Ligazóns relacionadas: entrevista a Monk Turner en Cb!, entrevista a Monk Turner en Intangible 23, escolma de Monk Turner en onda66; Terbutalina.
                        0 min
                      • C'mmons baby! #75 (o que quero e o que preciso)
                        Entramos na emisión septuaxésimo quinta, chegados aquí, cumpre reflexionar. Cando comecei con C'mmons baby! pensaba que duraría até os cinco anos ou os cen programas, o que antes chegase; o quinto cabodano está aí á volta e para chegar ás cen emisións faltan polo menos dous anos, agora estou na encrucillada de arriar (como pensara) ou seguir. Isto tamén é voso e quero saber que pensades. (duración: 19'41")



                        Baixar o mp3

                        • Dumbo Gets Mad & Venice. Viaje Astral (Viaje Astral, single ) 
                        • Tiger Waves. From the start (Don't be yourself, EP) 
                        • The We Are Unique! Ensemble. Don't mess with the girls (10, EP )
                        • Inspire and the sleep. What I want and What I need (What I want and What I need, single)
                        • Ligazóns relacionadas: Bad Panda Records; We Are Unique! Records.
                          0 min

                        About C'mmons baby!

                        From the publisher's feed

                        C'mmons baby! é un podcast sobre músicas distribuidas baixo licenzas copyleft, creative commons ou de libre descarga.