Onda Ciencia

Como vivir unha eclipse? Que nos di a astronomía?


Listen Later

Como escoller o lugar máis idóneo para ver o eclipse? Que precaucións debemos tomar? Onda Ciencia afonda nas formas máis seguras de desfrutar da eclipse total


Ángel Daniel Arós, Xabier Pérez Couto (@astroxabi), Alsira Salgado e Susana García Barros analizan a transcendencia deste fenómeno histórico desde unha perspectiva científica e pedagóxica


As áreas da Coruña e Ferrol serán lugares privilexiados nos que presenciar, o vindeiro 12 de agosto de 2026, unha eclipse solar total histórica, visible entre as 19:31 e as 21:22 horas. Para preparármonos ante este acontecemento excepcional, neste episodio de Onda Ciencia catro expertos da Universidade da Coruña analizan a transcendencia científica, cultural e pedagóxica das eclipses::


Ángel Daniel Arós Rodríguez, profesor titular no Departamento de Matemáticas e membro do Grupo de investigación de Modelización e resolución de modelos. Como integrante da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, contribúe á divulgación de fenómenos de mecánica celeste coma as eclipses"


Xabier Pérez Couto (@astroxabi), investigador predoutoral no CITIC e membro do Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial (LIA2). Participa no proxecto Smart data para unha análise multicolor da vía láctea en Gaia.


Alsira Salgado Don, capitá da Mariña Mercante e profesora na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, onde imparte docencia en navegación costeira e astronómica.


Susana García Barros, catedrática de universidade e profesora honorífica no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Autora de diversas publicacións sobre a didáctica das ciencias e os fenómenos astronómicos.


Este episodio de Onda Ciencia explora a importancia científica, cultural e histórica das eclipses solares, centrándose na eclipse total que se producirá na nosa área xeográfica o 12 de agosto de 2026.


Ao longo da conversa, as catro persoas convidadas analizan o papel das eclipses no desenvolvemento da astronomía, a súa relevancia para comprender os movementos celestes e a súa influencia na historia da ciencia. Tamén abordan a importancia que este fenómeno segue tendo hoxe en día para avanzarmos no coñecemento do Sol e como a intelixencia artificial contribúe a procesar a inxente cantidade de datos dispoñibles sobre a nosa galaxia.


Malia a tecnoloxía actual, saber orientarse polas estrelas continúa a ser unha habilidade esencial no mar, unha aprendizaxe imprescindible para a formación dos mariños. Ademais, a eclipse constitúe unha oportunidade única para estimular a curiosidade e o asombro nas crianzas e persoas maiores, e para espertar vocacións científicas en todas as etapas educativas.


Na última parte do programa, centrámonos no que acontecerá o 12 de agosto: que veremos exactamente no ceo, como escoller o lugar máis idóneo para a observación e, sobre todo, que precaucións debemos adoptar para protexer a vista durante esta experiencia inesquecible.


---

Tamén podes revisar os episodios das tres tempadas de ONDA CIENCIA nos espazos de CUAC FM en Youtube, Spotify, Acast, ou Ivoox.

Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Onda CienciaBy Cuac Fm, UDC