En ONDA CIENCIA quixemos saber como está afectando o cambio climático na Coruña (e, por extensión, Galicia), e coñecer as diferentes medidas e estratexias que deberiamos desenvolver, como comunidade, para adaptarnos ao riscos climáticos o mellor posible. Para elo, conversamos con tres expertos da Universidade da Coruña, cunha extensa traxectoria investigadora neste eido:
- Armand Hernández Hernández. Investigador do CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía), membro do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental e director da Oficina de Sustentabilidade da UDC.
- Manuel Alberto Regueiro Picallo. Investigador postdoutoral no CITEEC - Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil e membro do Grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente.
- Pedro José Vega Marcote. Profesor/a Titular do dpto Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ccs da Educación, experto en didáctica das ciencias e ambientalización curricular.
ESCOITA ONDA CIENCIA
ONDA CIENCIA pode escoitarse os martes ás 13:00 horas no 103.4 da FM e na nosa Web (streaming) https://cuacfm.org/directo/
Podes escoitar e descargar todos os PODCASTS na Web do programa
https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/
Tamén podes revisar os episodios das tres tempadas de ONDA CIENCIA nos espazos de CUAC FM en Youtube, Spotify, Acast, ou Ivoox.
EQUIPO TÉCNICO:
· Yolanda Golías Pérez e Mª Cristina Naya Riveiro: idea, proposta de temáticas e expertas.
· Isabel Lema Blanco: produción, presentación e condución do programa.
· Mariano Fernández Cabarcos e Chema Casanova: control técnico do programa.
· Miguel Anxo Facal: postprodución e difusión en redes sociais.
Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.