Onda Ciencia

Un mundo, unha soa saúde


Listen Later

Onda Ciencia mergúllase de cheo no paradigma "One World, One Health" (Un Mundo, Unha Sola Saúde), un enfoque global que nos lembra que a saúde humana, a animal e a ambiental están totalmente interconectadas. Nun contexto marcado polos retos climáticos e tecnolóxicos, o programa analiza como non é posible protexer o noso benestar sen coidar os ecosistemas nin sen previr riscos globais: desde as ameazas zoonóticas (enfermidades que saltan de animais a humanos) nas granxas ata os novos contaminantes invisibles que entran no noso corpo no día a día.

Para comprender este complexo escenario, onde se cruzan a ciencia, a xestión do risco e a desinformación, o programa, contou con tres voces expertas da Universidade da Coruña: 

  • Blanca Laffon Lage. Catedrática no Departamento de Psicoloxía, Directora do Grupo de Diagnóstico Conductual e Molecular Aplicado á Saúde (DICOMOSA).
  • Miguel Cuerva Vidales.  Investigador posdoutoral do Grupo Nanoself, tamén asociado ao CICA. Participante no proxecto europeo FLUFET para a detección temperá de ameazas zoonóticas e prevención de pandemias.
  • Elvira Santiago Gómez. Profesora no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación e investigadora do Laboratorio de Análise e Prospectiva Sociopolítica da UDC. 


Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Onda CienciaBy Cuac Fm, UDC