Aquí faltan páxinas

Concepción Arenal, unha humanista en loita contra as inxustizas


Listen Later

A colección AQUÍ FALTAN PÁXINAS presenta en maio a Concepción Arenal, que durante moito tempo foi apenas lembrada por vestirse de home para asistir a unha Universidade que aínda non permitía a entrada a mulleres. Pero detrás desa anécdota atopamos a unha intelectual brillante e comprometida: escritora, pensadora, socióloga, xurista e activista… Unha muller de múltiples arestas, difícil de etiquetar, un referente esencial do pensamento reformista do século XIX e unha das mentes máis lúcidas e comprometidas da Historia de España que loitou incansablemente para mellorar as condicións das persoas que a sociedade deixa nas marxes. Nesta sesión guíanos a escritora, profesora e crítica literaria, Anna Caballé Masforroll, que en 2019 recibiu o Premio Nacional de Historia de España 2019 pola súa obra Concepción Arenal. La caminante y su sombra, e no 2020, comisariou, xunto á catedrática Cristina Peñamarín, a exposición da Biblioteca Nacional de España Concepción Arenal. La pasión humanista (1820-1893). Trátase dun faladoiro especial celebrado no centro penitenciario da Lama,  onde as reclusas puideron achegarse á traxectoria de Arenal e de forma especial ao seu traballo como defensora dos dereitos das persoas presas.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Aquí faltan páxinasBy Deputación de Pontevedra