Neste programa abordamos un tema que non é sobre a Historia de Galicia, pero é dunha importancia global que merece ser analizada. Para iso contamos con Xulio Ríos, o cal publicou un libro sobre a metamorfose do PCCh ao longo dos 100 anos que leva no poder, e como consecuencia, como cambiou China. Como está China tratada polos medios? É China capitalista? Cal será o seu papel no futuro? Todo iso e máis no podcast.