Todos os podcast | Convivir deportivo

Convivir deportivo - Os Blancos


Listen Later

O edificio escola actual do C.E.I.P dos Blancos foi costruido entre os anos 1981 e 1982. No 1983 comezou a funcionar con máis de 200 alumnos. Celso Blanco Taboada foi o primeiro director. O claustro estaba formado por nove profesores.
O Colexio Plurilingüe dos Blancos participa en moitos programas que promove a Consellería de Educación.
Nos plans Proxect+: Nutriescolas, Rapazas Emprendedoras nas TIC, e un proxecto didáctico Antonio Fraguas.
Está incluido no programa PROA+, onde se pretende potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar.
Dentro dos Contratos Programa, está incluido no proxecto Mulleres Científicas
Ten en funcionamento un Club da Lectura e un grupo de traballo sobre a riqueza da Limia, ademáis de tomar parte no programa de emprendemento, Atrévete, modalidade Eduemprende.
A parede deste centro conta cun mural que é unha obra de arte de Mon Devaine. O artista ourensán interpreta a lenda da Raiña Loba coa imaxe dunha nena- a súa filla- que reflexiona e decide cambiar de actitude.
No programa participou o xornalista Ricardo Seguín, natural deste municipio. Estivo na cadea COPE e no xornal LA REGIÓN onde cubriu a actualidade do C.D.Ourense durante máis de 30 anos.
Xosé Rodríguez é o actual director do Centro, onde estudan 22 nenos e nenas. Hai 4 profesores e profesoras.
COMBINACIÓN DE BELEZA NATURAL E RICA HISTORIA. OS BLANCOS: UN DESTINO FASCINANTE.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir deportivoBy AGalegaAudio