Todos os podcast | Convivir deportivo

Todos os podcast | Convivir deportivo

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | Convivir deportivo episodes

  • Convivir deportivo - O Bolo
    Deportes de montaña. Orientación, rutas e andainas. É a principal actividade deportiva do concello do Bolo.
    Pablo Aller, ex-presidente do Club Peña Trevinca do Barco e agora directivo, é o responsable das Probas de Orientación. A día de hoxe, son 4 probas as realizadas neste municipio, dúas na modalidade de a pé e outras dúas na modalidade de bicicleta de montaña.
    Proba de BTT da Ruta do Viño de Valdeorras por terras do Bolo. Victor Fernández, de Rutas Xanzá, é o deseñador dos treitos. Este ano terá dous percorridos: un, de 45,6 quilómetos e 1.600 metros positivos de desnviel, e outro de 37,8 e 1.200 metros.
    As Andainas son a outra grande actividade destas terras. A histórico-artística do Museo de Yosso, desde O Bolo a Valbuxán (a localidade da que era orixinario o artista), é unha das principais. Hai outras como a Nocturna do Verán e mesmo a dos Miradoiros.
    A xornalista Sole Figueroa é a persoa que está detrás de todo isto.
    A nivel individual, coñecemos a Pablo Fernández Vázquez, de Vilaseco. Este veterinario, reconvertido en policía agora mesmo en Madrid, está federado en ciclismo e atletismo.
    Durante os seus estudos en Ourense, militou no Academia Postal.
    Santuario das Ermidas, máis de 400 anos de historia, museo Yosso, muiños de fariña e aceite e ata cinco miradoiros. Nun deles, no da Salesa, está o Banco máis raro do mundo. O BOLO: ONDE PERDER OS SENTIDOS.
    57 min
  • Convivir deportivo - Vilamartín de Valdeorras
    Luis Nogueira Fernández. Deseñado para o atletismo. Penúltimo de 6 irmáns, é un dos mellores lanzadores de xavelina de España.
    Comezou con 17 anos no Club Natación Barcelona, a onde emigrara co resto dos irmáns. Primeiro en salto de lonxitude e triplo salto ata que cambiou pola xavelina. O seu descubridor foi Hans Ruf, adestrador do CAR de San Cugat desde o seu inicio no 1981.
    Na súa longa traxectoria foi Prata no Mundial para atletas de entre 60 e 65 anos e Campión de Europa na categoría de máis de 55 anos ata en 3 ocasións.
    Na súa etapa na categoría absoluta chegou a subir por dúas veces ao podio no Campionato de España, deixando unha marca persoal de 67,17 metros, que logrou no ano 2000.
    Luis Nogueira: "Lanzando a xavelina, síntome como o home das cavernas que conquista o horizonte e busca o alimento para a tribo"
    No programa estiveron parte da súa longa familia -uns presenciais, outros vía telefónica- e Agustín " Tinín" González, presidente do ADAS do Barco que foi o seu club de case toda unha vida.
    Desde Barcelona contamos con Hans Ruf, o home que soubo ver o talento de Luis Nogueira.
    Todo isto amenizado pola música dun dos seus sobriños, Pablo Nogueira, compoñente do grupo Tabú.
    C.D. CÓRGOMO. Unha novidosa iniciativa que hai dous anos levaron a cabo 5 mozos e mozas da zona con experiencia futbolística e cansos do modelo de clubs actual. O seu obxectivo é contruír un club innovador a través da ciencia do deporte unida á xuventude, á seriedade e á paixón. Jorgue Guitián é o presidente.
    Este municipio ten tantos segredos coma séculos de historia. Entrelázanse o presente e o pasado, e nel podemos contemplar unha maxestosa natureza. VILAMARTÍN, DE GALICIA, O SEU XARDÍN.
    57 min
  • Convivir deportivo - Moeche
    A Escola de Fútbol Irmandiños naceu durante o ano do andazo.
    UD Somozas, UD Cebarca( de Cerdido), CF San Sadurniño e ADC Moeche son os 4 clubs, co apoio dos seus respectivos concellos, que están detrás deste interesantísimo proxecto.
    O obxectivo é agrupar toda a base da comarca nunha actividade- neste caso o fútbol- cunha metodoloxía onde a prioridade é a visión integral e integradora do deporte, cunha formación en valores, na que tamén participen as familias.
    ADC Moeche. Fundado no 1985. Compite na Segunda Autonómica de Galicia. Actualmente conta só co equipo de afeccionados, pero hai anos tivo ata 3 equipos de base.
    No ciclismo. Enrique Murias. Comezou no fútbol con 10 anos ata que, con 17, se integrou no club de Neda. Agora milita no Oiense.
    Tenis e Padel tamén están presentes así como un club de Montaña, se ben agora mesmo ten escasa actividade.
    Non obstante, o máis destacable en Moeche a nivel deportivo é, por un lado, o Slalom( xa súa oitava edición) no mundo do motor; e, no mundo do Cabalo, a súa afamada Feira.
    A "Asociación Ecuestre 23 de Abril " naceu co obxectivo de organizar a FEIRA DO CABALO, unha das de máis tradición e arraigamento no mundo equino en Galicia. Noelia Castro é a súa presidenta.
    O Concello de Moeche conta con Técnico Deportivo desde hai máis de 20 anos. Daniel Feijóo é o actual. Organiza e dirixe un amplo programa deportivo a nivel municipal.
    Referencia obrigatoria da Historia de Galicia. MOECHE: TERRA DE IRMANDIÑOS.
    57 min
  • Convivir deportivo - A Lama
    O 18 de marzo de 1979 é a data de constitución da LAMA SOCIEDADE DEPORTIVA. Jesús Gómez Besada foi o seu primeiro presidente.
    A primeira temporada xa ascenden e crean o equipo de xuvenís
    O resumo é 7 temporadas en Primeira Rexional., 20 en Segunda e 17 en terceira.
    José Benito Lorenzo, Lois Richa. Comezou na Lama. Xuvenis do Pontevedra e, con 16 anos, foi campión de Galicia en habilidade técnica. Unha lesión impediulle fichar polo Atl. de Madrid.
    Foi a primeria persoa en enviar un informe de Hugo Sánchez ao Atl. de Madrid.
    Hugo Vázquez. 17 anos. Avós da Lama. Este mozo, que milita no Pontus Véteris de Pontevedra, escribiu a páxina máis fermosa e brillante da historia da ximnasia de Pontevedra -home e muller- coa consecución do título de Campión de España base na categoría xuvenil masculina.
    No Kickboxing, Manel Amorín, 27 anos. Outro tesouro deportivo destas terras. Ouro en Kick Light e prata en Light Contact, dúas modalidades de Kickboxign. Ten varias medallas nacionais e autonómicas e tamén é Campión Galego de Low Kick, unha modalidade de Ring. 17 combares. Só 4 derrotas.
    Na Hípica. En Saltos. Santiago Reverendo. Só 14 anos. Abraiante o seu palmarés malia a sua curta idade. Subcampión de España e de Galicia por equipos. Con só 8 anos quedou entre os 15 primeiros no poniclub de Madrid.
    No programa participou, desde México, Maribel Prado, nai do internacional mexicano Miguel Layún que, entre outros clubs, xogou no Sevilla e Villarreal.
    Símbolo da emigración, este municipio é onde mellor se fala o galego normativo. A LAMA: EXEMPLO DE GALEGUIDADE.
    57 min
  • Convivir deportivo - Meaño
    S.D.C.ASMUBAL MEAÑO. Desde 1988. Un club de balonmán, masculino e feminino, que naceu coa fusión da actividade deportiva que se facía en dous colexios: Coirón-Dena e As Covas-Meaño.
    Hoxe en día, ten 140 licenzas, con 12 equipos, masculino e feminino.
    CTM GAM. GRUPO DE AMIGAS DE MEAÑO. En agosto do 2018, un grupo de nais deciden crear un club de Tenis de Mesa.
    O éxito é tal que no 2019 idearon a formación dunha Escola de Tenis de Mesa.
    DENA F.C. Fundado no 1947 con Luciano Fariña "O Latoneiro" como primeiro presidente. Os seus maiores éxitos obtívoos nos anos 80.
    A súa importancia está no traballo de base. Ten equipos en tódalas categorias. 106 licenzas na base e 45 en senior e veteranos.
    DEPORTIVO XIL. Un movemento veciñal no 1973 nesta parroquia desembocou na creación deste club. Horacio Castro, Miguel García e os irmáns Galiano son os principais impulsores.
    Un total de 11 presidentes, 6 adestradores e xogadores importantes que foron traspasados a clubs de categorías superiores.
    No KICKBOXING, Meaño ten actualmente un cento de persoas entre os 3 e os 50 anos practicando este deporte.
    Lucía Soto é a culpable. Técnica Superior en actividades físico-deportivas. Cinto negro 3 dan, adestradora nacional nivel 1, tamén de boxeo.
    A través do seu club, o Parabellum Fight, dá clases por toda a comarca do Salnés.
    Unha pequena vila coon grandes persoas onde todo sabe a viño ( hai unhas 25 adegas). MEAÑO: O CORAZÓN DO SALNÉS.
    57 min
  • Convivir deportivo - O Corgo
    Rechamante. Club de Billar de Adai, creado no 2020 en pleno andazo ante a necesidade que tiñan unha serie de xogadores de adestrar e mellorar neste deporte.
    No momento presente, o Club conta case con 200 licenzas e 40 socios. Ten máis xente que a aldea de Adai, que anda polos 70 habitantes.
    Pablo Marqués, actual presidente, Iván Rei, Sergio Fernández, Edgar Jesús Redondo e Jaime Fontal son os fundadores. Belén Encabo é outro dos motores indispensables do club.
    En só tres anos posicionouse como un dos clubs máis sobranceiros de Galicia.
    María Teresa Ropero é a grande estrela do club. Esta mallorquina, afincada en Galicia por amor, foi a muller máis nova en gañar o Campionato de España.
    Nos últimos 20 anos, gañou múltiples Campionatos de España, e representou ao noso país en varios campionatos de Europa, así como no Mundial de Bóla 9 na China.
    No programa participou Lola Fernández Ochoa, irmá de Paquito e Blanca Fernández Ochoa.
    O seu avó naceu no lugar da Fonteta, pertencente a este municipio.
    O CORGO: AMPLO HORIZONTE. Título do libro de Xulio Xiz.
    57 min
  • Convivir deportivo - Meis
    Érika Martínez Tilve. 16 anos. Atleta do Rías Baixas de Pontevedra. Exemplo de superación. Debuta en diabetes tipo 1 con tan só 5 anos de idade. Pronto é descuberta por Frank Casaña, en abril do 2022. Aí cambiará a súa vida deportiva: comeza no atletismo, especializándose no lanzamento de martelo. A súa calidade é tal que ese mesmo ano obtén unha bolsa para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
    CLUB CICLISTA ARMENTEIRAEPUNTO. Creado en xullo do 2007 por cinco amigos. Fundaron unha Escola de BTT na parroquia da Armenteira. Están federados 3 promesas masculinos, 2 alevíns femininas, un principiante, un benxamín, 2 cadetes e un infantil masculino.
    O equipo de competición fórmano 10 corredores: 8 Ellite. 1 Master e 1 Sub'23.
    No fútbol, tres equipos. ZACANDE F.C. Fundado no 1948. Desapareceu en dúas ocasions. Desde o 2000 está en competición.
    C .D.MOSTEIRO. 1960 ano do seu nacemento. Chegou a estar na Terceira Galega nos anos 90. No día de hoxe conta con 160 nenos e nenas en tódalas categorías.
    ARMENTEIRA C.F. No ano 1995, con Julio Serén, comezou a súa andaina deportiva. Pasou por moitos momentos delicados, pero o seu legado permanece no ARMENTEIRA VETERANOS.
    CAMPO DE GOLF DE MEIS. Inaugurado o 17 de maio do 2001 con 18 ocos, deseñado por Antonio Grande Santos.
    Un campo de gol público e asequible. A idea da súa posta en marcha xurdiu da Agrupación Deportiva sen ánimo de lucro "CHAN DO FENTO", club con actividade deportiva desde 1988.
    MEIS: O TEU CAMIÑO INTERIOR.
    57 min
  • Convivir deportivo - Frades
    S. D. Ponte Carreira. Fundouse no 1980 como equipo de fútbol. Principia a súa andaina como equipo afeccionado federado na temporada 1980-81. Jenaro Blanco foi o primeiro presidente.
    S.E. ABELLÁ S.D.C. Nace da fusión de dous equipos: Agrupación Deportiva Abellá e Santo Estevo de Abellá na temporada 2008-09.
    Comezou en terceira. En dous anos chegou a primeira.
    No ano 2012 creou o equipo feminino, con grandes resultados, incluído o ascenso.
    José Antonio Rodríguez Rei "Darío" é, probablemente, o mellor futbolista que deu este municipio. Comezou nos xuvenís do Ordes. Despois, Racing Club de Ferrol, S.D.Compostela, Almeria, Atl. Baleares, Burela e Ordes, cun paso polo Egasa Chaston de Fútbol Sala.
    O outro gran deportista é Gelasio Garea. Toda unha institución no mundo do hockey, con dúas etapas no Liceo. Estivo dous anos en Portugal, no Famalicense e no Sporting Club. Volve a España da man do Cibeles de Oviedo.
    No 1991 regresa a Galicia e ficha polo Dominicos e dous anos máis tarde incorpórase ao Liceo, onde se retira como xogador e no que tamén foi directivo durante 6 anos.
    Tres ligas -unha en Portugal-, 5 Copas do Rei, 1 Copa C.E.R.S e 1 Recopa.
    Miguel Corral, nado en Vilaboa, estivo 3 anos como adestrador do Abellá e hoxe triunfa en Panamá. Primeiro no Herrera F.C. e, actualmente, no UMECIT F.C.
    No atletismo, destacan os fondistas David Santos e Adrián Garabato.
    210 EXPLOTACIÓNS. 54 MILLÓNS DE QUILOS DE LEITE. 10.000 VACAS. FRADES: UN BAILE COA TERRA.
    57 min
  • Convivir deportivo - Xermade
    Un caso singular. Catro equipos de fútbol- e un que acaba de desaparecer-en 166 quilómetros cadrados onde viven uns 1.700 xermadeses e xermadesas.
    Afición Club Rouparés. Fundado o 21 de novembro de 1932. Nos anos 70 do século pasado participou na Liga Nabal da Terra Chá,
    co nome de SDC Roupar.
    Unión Sporting Club de Cabreiros, actual SDC de Cabreiros. Constituido, co primeiro nome, no ano 193...( non se pode determinar o ano xusto, pero no 1932 xa estaba rexistrado). O actual SDC Cabreiros participou por primeira vez en competición federada no ano 1987.
    S.D.Cazás. Fundado no 1975 polo crego da parroquia, Ramiro Pérez. Ata o 2001 participou na Liga da Terra Chá. Foi dado de alta na Federación no ano 2000.
    C.D.Xermade. Creouse no 1982 e comeza a competir en segunda autonómica. Desfaise no 1985 para volver a refundarse no 1992.
    No programa participou, desde Pamplona, José Antonio Prieto " Cata", actual secretario técnico do Osasuna, polas súas raíces xermadesas.
    Un Convivir Deportivo que rematamos cun dos fillos predilectos do Concelllo: Xosé Mouriño Cuba. O outro é Ramón Villares.
    Un municipio onde as pedras teñen nome a a madeira é arte. Un lugar onde do que se trata é de que " as cabezas non estean valeiras"(R.Villares).
    XERMADE: O CONCELLO DA INTELIXENCIA RURAL.
    57 min

About Todos os podcast | Convivir deportivo

From the publisher's feed

Cada semana Convivir deportivo percorre Galicia para coñecer, concello a concello, os distintos deportes que se practican neste país, desde a base ata a elite, desde alevíns ata veteráns, desde as…