Un bombeiro de Lugo, Nacho Jorge, integrante do Club de Montaña "Verso Libre", foi o que descubriu unhas paredes no concello de Baleira idóneas para a práctica da Escalada Deportiva e Clásica.
As Penas de Vilarín-Pico Rubión- constitúen un espazo ideal para a escalada de autoprotección.
As Penas de Fontaneira, pola contra, son un agasallo para a Escalalda Deportiva de Iniciación.
No Sendeirismo, hai varias rutas. Destaca a da Marronda-Alto Eo, o maior sendeirismo de grande percorrido da provincia de Lugo-66 quiómetros-homologada pola Federacion Galega de Montañismo.
Un topógrafo nativo, Iván Pereira, é o encargado da sinalización e trazado das diversas rutas existentes.
No fútbol, destaca Hugo Díaz, actualmente no Polvorín; e, na arbitraxe, o colexiado Miguel Pin.
No programa tamén estivo o director do colexio C.E.I.P."Concepción López Rei", Pablo Abuín, polo traballo que están a facer neste centro a través do Plan Xogade.
O director de EL PROGRESO, Alfonso Álvarez Riveiro, natural de O Cádavo, foi outro dos convidados.
" Nestas montañas, a mirada descoñece o cansazo", Eduardo Viruales.
ENCRUCILLADA DE VALES E MONTAÑAS. BALEIRA: MOITO POR DESCUBRIR.