Hoxe falamos de industrias transformadoras e de formación profesional dun sector vital para Portugal e non tanto para Galiza, como é o da extracción da cortiza (a pel da sobreira) e a súa posterior transformación que dá nos diferentes usos que xa coñecemos. Por exemplo, o dos tapóns (rolhas) das botellas/garrafas do viño. Recibimos con moito pracer a Francisco e Xacobe Ribeiro, fillo e neto da saga Almeida (Corchos Almeida), instalados hai máis de 55 anos na comarca galega do Ribeiro. Falamos con eles das súa incrible historia de "resistencia" e de progreso, desde que o avó atravesou a fornteira, vindo de Santa Maria da Feira, e trouxo a 8 fillos nunha moto, até ser hoxe unha empresa referencia no ámbito galego e no noroeste do Estado. Do lado sur do Minho aténdenos Délio Carquejo, director da Cincork, a única escola de formación profesional da península dedicada a preparar aos alumnos para seren parte da industria da cortiza. Nun sector no que Portugal é lider mundial, Délio achéganos todas as respostas sobre un centro que leva 40 anos facendo as cousas moi ben.
En fin, temáticas diversas para un novo Galiportus, con temas de Deolinda (Movimento perpétuo associativo) e Ataque Estampe (A vitória)