No programa 224 do COMO QUE NON?! recunca Lucía Rodríguez no programa participando nunha nova edición do noso Concurso CQN. Tamén volve tocar en rigoroso directo Queco Lago, acompañado á percusión por Rodrigo Valiente que nos interpreta desta volta "Mírame". Fran Rodríguez abre unha vez máis as portas do Museo Mutante para falarnos dunha rareza audiovisual da que trae unhas figuras moi curiosas. Alejandro Martínez "Pini" non nos vai deixar sen unha das súas Efemérides Aleatorias e J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo farán o seguemento do programa por se hai que puntualizar algo. Dirixe e prsenta Carlos Tresandí.