Decote

Decote

By RISC_OBFUSCATEDTechnology
Download on the App Store

All Decote episodes

  • #182 Logan

    Aproveitamos a fin de semana para ir ver un dos estrenos destacados deste mes, Logan, o peche de Lobezno no universo dos X-Men que chega a nós dunha forma na que estamos pouco acostumados a ver neste tipo de películas, dunha forma moi persoal, moi centrada no importante e que deixou un moi bo gusto na crítica. Aproveitamos o Decote de hoxe para falar dela e das nosas sensacións despois de vela.


     


    Todos os enlaces e máis información en podcast.altg.net

    12 min
  • #181 MWC 2017

    Xa se acabou o MWC deste ano e non foron poucas as cousas que se presentaron nestes 4 días de feira oficial, sen contar con todo o que se presente, como de costume, antes de que empecer o evento. Teléfonos, ordenadores, procesadores, tablets e todo tipo de novas tecnoloxías que pretenden revolucionar o mercado no próximos ano. Como sabedes é imposible velas todas así que hoxe facemos un doble resumo, no podcast o máis importante do máis importante e no blog todo o máis importante cos seus respectivos enlaces para que non vos perdades detalle.


     


    Todos os enlaces deste e outros podcasts en podcast.altg.net

    14 min
  • #180 Liberando a Nintendo Switch

    Hoxe é o gran día, hoxe sae á venda a Nintendo Switch! Aproveitando este gran evento imos utilizar o podcast de hoxe como repaso de todo o que se falou ata agora da consola, as reviews máis destacadas que sairon, a últimas novas e todo aquelo que pode ser de interese, tanto se a vas mercar como se estás dubidando que facer. Un resumo en toda regla para ter todo claro o día 1 desta nova videoconsola.


     


    Máis información e todos os enlaces en podcast.altg.net

    13 min
  • #179 Todas as versións de Youtube

    Youtube xa fai tempo que non é só unha web onde ver e subir vídeos, dende fai anos novas aplicacións e novos formatos procuran dar á diversidade de público que visita a plataforma un produto máis enfocado a eles, así apareceron Youtube Kids, Youtube Music ou Youtube Go entre outros. A isto hai que sumarlle as apostas polos contidos de pago como Red e agora TV, como queda o panorama de Youtube?


    Máis información e enlaces en podcast.altg.net


    Agora cun 100% de novo deseño!

    13 min
  • #178 O retorno

    Voltamos tras un longo tempo cun triple retorno, o deste podcast, o de Nokia e o do modelo 3310. E para que este primeiro episodio veña cheo de información falamos do que pasou con Nokia tras ser adquirido por Microsoft, dos tres novos modelos de smartphone e de a que se debeu a decepción tras a presentación do renacido modelo 3310.


     


    Todos os enlaces e máis información en podcast.altg.net

    15 min
  • #177 Metodoloxías áxiles

    Como vos comentaba no último podcast, nas últimas semanas fixen un curso de Scrum Manager onde entre outras cousas se falou das metodoloxías áxiles, entre as que se inclúe Scrum, e de Kanban. No podcast de hoxe falamos destas metodoloxías, dos seus principios e das bases de Scrum e Kanban para que, se vos interesan, poidades ampliar os vosos coñecementos cos enlaces que vos deixo na descripción.

    18 min
  • #176 Lembrádesvos de eBay?

    Hoxe voltamos cunha reflexión profunda sobre o estado das aplicacións e webs de segunda man. Seguen funcionando tan ben como fai ano? Convertéronse Amazon e Aliexpress nos sustitutos de ebay sen que ninguén se enterara? Alguén se lembra de ebay?


     


    Máis información e enlaces en podcast.altg.net

    9 min
  • #175 Como romper a pantalla do Apple Watch

    Despois de un tempo de interrupción voltamos á carga cun tutorial do máis útil para os máis manitas da casa. Como romper a pantalla do Apple Watch en poucos e sinxelos pasos. Ademais tamén facemos un pequeno resumo da experiencia con le estos últimos 4 meses.


     


    Máis información e enlaces en podcast.altg.net

    11 min
  • #174 O canon Star Wars de principio a fin

    Voltamos unha semana máis despois de moito tempo sen facelo, con todas esas cousiñas que se nos foron quedando no tinteiro nos últimos tempos. Nesta ocasión para falar de Star Wars, de Apple, da Nasa e do League of Legends, ou que eu chamaría un venres completito


     


    Máis información e enlaces en podcast.altg.net

    9 min
  • #173 Un cambio inesperado

    Como cambian os tempos, antes adoecía por estrenar tecnoloxía todos os días se puidera e hoxe que chega un novo iPhone a miña case de forma inesperada case nin gracia me fai. Como? Un novo iPhone? Pois si amigos, 4 anos e uns meses despois o meu iPhone 5 chegou ao seu fin operativo.


     


    Máis información e enlaces en podcast.altg.net

    12 min