Del desierto a la Luz

Del desierto a la Luz #81 — Jn 15, 18 - 21.


Listen Later

Desde la Diócesis de Tui-Vigo, a través de la Vicaría de Pastoral y la delegación de Medios de Comunicación Social, te proponemos este itinerario de espiritualidad para rezar con el Evangelio de cada día desde la Cuaresma hasta Pentecostés.

Reflexión escrita por el sacerdote diocesano José Manuel Martínez.

Música © Mingos Lorenzo.

_______________

O Evanxeo de hoxe preséntanos con claridade cal é a realidade da persoa humana: coherencias e incoherencias, seguimentos e abandonos, egoísmos e entregas, amores e odios. Tradicionalmente atribuíuse ao mundo a parte negativa da realidade humana, coma se esa parte fose allea a nós e fose extrínseca.

Necesitamos asumir, se aínda non o fixemos, que esa polaridade é característica da persoa e a propia persoa é a que ten que ir modelando, formando e aumentando unha imaxe cada vez máis concordante coa mensaxe de Xesús.

Só desde a idea de ir cambiando e transformando a vida particular de cada un, podemos ir falando dunha auténtica transformación do mundo. Non debemos ter medo ás contradicións que se dan na persoa mesma. Máis ben debemos ter medo á escuridade de non saber cal é o camiño verdadeiramente construtor e base da nosa vida como crentes.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Del desierto a la LuzBy Diocese Tui-Vigo