Sign up to save your podcasts
Or

Desde la Diócesis de Tui-Vigo, a través de la Vicaría de Pastoral y la delegación de Medios de Comunicación Social, te proponemos este itinerario de espiritualidad para rezar con el Evangelio de cada día desde la Cuaresma hasta Pentecostés.
Reflexión escrita por el sacerdote diocesano Juan José González.
Música © Mingos Lorenzo.
_______________
Despois da celebración da Ascensión do Señor, comezamos a semana do Espírito. Como comunidade cristiá, como Igrexa, e do mesmo xeito que fixeron os apóstolos reunidos con María, é tempo para invocar ao Espírito Santo: a promesa do Señor.
O evanxeo de hoxe sitúase antes dos acontecementos pascuais. Os apóstolos, despois de convivir con Xesús uns tres anos, cren chegar a entendelo: “agora falas claro”, agora “cremos que saíches de Deus”; con todo, Xesús parece que o pon en dúbida cando pregunta: agora credes? Sabe que a proba é inminente e que os seus amigos van a abandonar. Sabe que só a admiración e amizade é o que une os discípulos con el, e que, polo tanto, fáltalles a verdadeira adhesión a El, a da fe. Por iso o Mestre quere darlles ánimos. A mera amizade con El é debilidade ante a proba, en cambio a fe nel tórnase fortaleza ante a adversidade que se aveciña.
Podemos preguntarnos: Ata que punto é sólida a nosa fe en Xesús, sobre todo cando se ve confrontada ante as loitas, ante os problemas, ante a enfermidade, ante o mal?
Aceptamos e abrazamos as cruces da vida e os compromisos que nos trae? Non estaremos afastándonos de todo compromiso ou pasando de longo? Cantas veces abandonamos a Cristo cando os seus criterios de vida son contrarios ao noso gusto ou á moda da sociedade. Pero Xesús mesmo séguenos dando ánimos co seu Espírito de fortaleza que vén na nosa axuda.
Nesta semana do Espírito, semana do Apostolado Segrar, pedimos, por medio de María, que derrame o espírito de fortaleza sobre todos os cristiáns, particularmente os laicos no seu compromiso de ser Igrexa no mundo.
By Diocese Tui-VigoDesde la Diócesis de Tui-Vigo, a través de la Vicaría de Pastoral y la delegación de Medios de Comunicación Social, te proponemos este itinerario de espiritualidad para rezar con el Evangelio de cada día desde la Cuaresma hasta Pentecostés.