Del desierto a la Luz

Del desierto a la Luz #91 — Jn 18, 1 - 11.


Listen Later

Desde la Diócesis de Tui-Vigo, a través de la Vicaría de Pastoral y la delegación de Medios de Comunicación Social, te proponemos este itinerario de espiritualidad para rezar con el Evangelio de cada día desde la Cuaresma hasta Pentecostés.

Reflexión escrita por el sacerdote diocesano Juan José González.

Música © Mingos Lorenzo.

_______________

Comezamos nesta semana de invocación ao Espírito Santo a chamada “oración sacerdotal” que Xesús dirixe ao Pai na Última Cea. Entre gratitude e esperanza, Xesús eleva os ollos ao ceo: “Pai, chegou a hora”. Durante toda a súa vida foi anunciando esta “hora” e agora sabemos cal é: a hora da súa entrega na cruz e da glorificación que vai recibir do Pai, coa súa resurrección.

Pero a oración de Xesús non só está impregnada de amor ao Pai e de íntima unión con El, senón tamén de amor e preocupación polos seus que quedan neste mundo.

Todos nós estabamos xa no pensamento de Xesús na súa oración sacerdotal. El sabía das dificultades que iamos atopar no noso camiño cristián. Por iso non quere abandonarnos: pide sobre nós a axuda do Pai, prométenos a súa presenza continuada -de feito o día da Ascensión díxonos “eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo”-, e finalmente, envíanos o seu Espírito para que en todo momento nos guíe e anime, e sexa o noso avogado e conselleiro.

Dende logo non podemos dicir, con toda esta oferta do Señor, que esteamos sos… E sen embargo, segue aparecendo na súa Igrexa e en nós o desánimo. Desánimo polo paso dos anos, porque cremos que a Igrexa perdeu influencia na sociedade, polo secularismo reinante... Non será pola nosa baixa forma espiritual?

Propoñámonos facer exercicio, exercicios, para abrirnos ao Espírito que quere encher, unha vez máis, as nosas mentes e corazóns para fortalecer a nosa fe, e para animarnos na tarefa, na misión, de anunciar o seu nome a todos. Ven Espírito Santo! Para vivir con enerxía, alegría e creatividade glorificando a Deus no noso mundo, na nosa realidade.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Del desierto a la LuzBy Diocese Tui-Vigo