Sign up to save your podcasts
Or

Desde la Diócesis de Tui-Vigo, a través de la Vicaría de Pastoral y la delegación de Medios de Comunicación Social, te proponemos este itinerario de espiritualidad para rezar con el Evangelio de cada día desde la Cuaresma hasta Pentecostés.
Reflexión escrita por el sacerdote diocesano Juan José González.
Música © Mingos Lorenzo.
_______________
Nesta terceira e última parte da “Oración Sacerdotal”, Xesús pide ao Pai que todos sexan un, e pídeo para os que lle seguen e os que lle seguirán no futuro. Pero Xesús propón un modelo concreto de unión: “Como ti, Pai, en min e eu en ti”. A íntima unión entre o Pai e o Fillo, convértese así no prototipo máis fondo e misterioso da unidade.
O Señor Xesús pide que os crentes estean intimamente unidos a el: “que os que me confiaches estean comigo”, para que deste xeito tamén estean en unión co Pai e participen do seu amor. A realización desta unidade con Cristo e co Pai e entre os crentes contribúe a que, na dimensión interna da Igrexa, se viva na unidade e a fraternidade, e á vez que, na súa dimensión externa, na súa tarefa misioneira, a Igrexa goce de credibilidade: “para que o mundo crea que ti me enviaches”.
Sen embargo na Igrexa doutros tempos e na dos nosos días esta unión entre os seguidores de Cristo é unha tarefa inacabada, unha materia sempre pendente, tanto dentro da Igrexa católica como nas súas relacións coas outras igrexas cristiás. A petición e mandato do Señor: “que sexan un”, non a acabamos de obedecer. Quizá pola nosa falta de unión en Cristo, ou a nosa falta de capacidade de dialogo e, sobre todo, pola nosa falta de humildade.
Guiados por Xesús e o Pai, invoquemos ao Espírito Santo para que poidamos progresar na unidade e fraternidade nos nosos ambientes, na comunidade eclesial, nos nosos grupos ou movementos apostólicos, tamén na nosa comprensión e achegamento ás outras confesións cristiás.
By Diocese Tui-VigoDesde la Diócesis de Tui-Vigo, a través de la Vicaría de Pastoral y la delegación de Medios de Comunicación Social, te proponemos este itinerario de espiritualidad para rezar con el Evangelio de cada día desde la Cuaresma hasta Pentecostés.